10/6/17

A nosa Biblioteca


Traballo do alumnado de Investigación e Tratamento da Información - ITI 2017

 

27/11/16

25 de novembro 2016. Día contra a violencia de xénero.

25 novembro 2016. Convidad@s de Pedra from luz jares on Vimeo.

Participación do alumnado do EDLG e Biblioteca do IES Monte Carrasco.

16/11/16

Oh! Canada!!

2/9/16

29/6/15

A REVISTA DO EDLG : A GAIVOTA

Boas vacacións!!!!!

29/1/15

Día da Paz 30 de xaneiro 2015

O Día da Paz este ano será adicado a Malala, gañadora do premio Nobel da Paz en 2014 conxuntamente con Satyarthi. O alumnado de 1º ESO presentará unha breve biografía destas dúas personaxes. O alumnado de 2º ESO fará unha lectura dramatizada do discurso de Malala na ONU. Ademais teremos polos corredores do centro Paneis e Interpretacións en planos de cor do retrato de Malala.

18/12/14

Bo Nadal!

Nadal 2014

24/11/14

Día contra a violencia de xénero

O alumnado do EDLG do IES Monte Carrasco vai participar na proposta do CIM de Cangas “APÚNTATE AO BO TRATO”o MARTES 25 DE NOVEMBRO.
 O programa será o seguinte:

  •  11:00 PRAZA CONSTITUCIÓN- ESCULTURA CEIP CANGAS 
  •  11:15 PRAZA CAPELA HOSPITAL- COREOGRAFÍA CANCIÓN “ROMPE AS CADEAS”- CEIP ESPIÑEIRA 
  •  11:30 PRAZA DO CONCELLO- LECTURA MANIFESTO- COLEXIO CASA DA VIRXE.
  • 11:40 PRAZA DO CONCELLO- LECTURAS DE TEXTO E CONTO "Artur e Clementina" de Adela Turín- IES MONTE CARRASCO 
  • 12:30 PRAZA DO SINAL- PERFORMANCE- CEIP SAN ROQUE
  •  12:50 PRAZA DAS PONTES- LECTURA MANIFESTO DA CADEA HUMANA DO IES RODEIRA.
Deixámovos os textos que imos ler.

26/10/14

Samaín

Teatro en Cangas

No Auditorio Municipal  a ESCOLA MUNICIPAL DAS ARTES ESCÉNICAS DE CANGAS presenta: SOÑO DUNHA NOITE DE VERÁN martes, 28 de outubro ás 21:00 horas


Ollos de auga nº16

12/10/14

Mafalda cumple 50 anos

Escomenzamos o curso 2014-2015

3/6/14

Contos Dramatizados CEIP San Roque

O alumnado de teatro de 1ºESO A-B preparou uns contos seleccionados pola Biblioteca CEIP San Roque. As obras representadas  foron Chibos e Chibóns, A galiña Roxa, A vaca que puxo un ovo, Imos cazar un oso, O coelliño branco, Croco, Cocorico e O lobo feroz. O venres tivo lugar a representación para o alumnado de Infantil e Primaria.  O espectáculo tivo un éxito rotundo. Velái unha mostra

Intercambio Epistolar

Ao longo deste curso 2013-2014 viñemos desenvolvendo unha actividade denominada: Intercambio epistolar.
Esta actividade tivo varias partes:
A primeira delas consistiu en que, as alumnas e alumnos de terceiro de ESO, se carteasen, en galego, con alumnado doutro centro educativo: IES Carlos Casares.
Esta primeira parte resultou moi satisfactoria, a maior parte do noso alumnado descoñecía os modos tradicionais de comunicarnos: neste caso a carta e tiveron que aprender as fórmulas básicas para a elaboración da carta, cubrir o sobre co remitente e o destinatario, etc.
A seguinte parte da actividade consistiu en establecer a comunicación entre ellas e eles a través das novas tecnoloxías: correo electrónico ou whatsapp.

Rematou a actividade cunha visita guiada á Illa de San Simón. Previamente, o alumnado leu o libro: Noite de voraces sombras de Agustín Fernández Paz e, xa na illa, os monitores organizaron unha vistita guiada e unha xincana ao redor do libro. Esta parte resultou moi interesante porque puidemos coñecer un pouco máis a nosa histoira e sobre todo a historia da illa, dende o ataque dos piratas turcos, a chegada de Xulio Verne, a construción do Lazareto marítimo, o campo de traballo, etc.   

12/5/14

Ennobelando Esperanzas

Mes das Letras Galegas no Monte Carrasco

19/3/14

10/3/14

Día da muller: 8 de marzo 2014









Día de Rosalía

O 24 febreiro celebramos o "Día de Rosalía". A primeira hora repartíronse rosas de papel feitas polo alumnado do centro, e unha selección de poemas.
A última hora o alumnado de 1ºESO recibíu a visita inesperada de Rosalía e do seu home, esta faloulles da súa vida e obra.
Houbo un recital de poesía tanto pola parte do alumnado como de Rosalía.

28/1/14

Día da Paz 2014

Os Paraguas de Lamb pola Paz é un proxecto artístico mundial que implica a pintura e decoración de paraguas. Os participantes en este evento: alumnos, pais, artistas plásticos, etc, deseñaron artísticamente paraguas que representan os seus valores persoais de paz mundial, seguido dun desfile no barrio. Esta é unha manifestación do esforzo individual para levar paz ao redor do mundo onde vivimos. O paraguas é un símbolo de aceptación que inclúe a todos baixo a súa protección sen importar raza, idade, xénero ou cor. O simbolismo do paraguas é o seguinte: a tea representa a enerxía universal que conduce ás varillas que representan a forza de cada individuo. Cada varilla pode representar algo diferente para cada persoa como a familia, amigos, relixión, educación e máis. No IES Monte Carrasco pintar un paraguas foi unha experiencia que potenciou a expresión das nosas esperanzas e os nosos soños.

12/1/14

Abrígate coa lingua

Boletíns de lecturas




3/12/13

Culturgal 2013

O venres 29 de novembro o alumnado que forma parte do grupo do EDLG e mais o alumnado de 3º de ESO fomos ao Culturgal, a feira das industrias culturais de Galicia. 
O alumnado de primeiro e segundo de ESO asistiu a un obradoiro de expresión escrita e mais a un faladoiro co escritor Marcos Calveiro sobre a súa novela: Todos somos, publicada pola Editorial Xerais. 
O alumnado de terceiro de ESO asistiu a dous faladoiros literarios: un a cargo de Sabela González sobre o libro Bágoa de Lúa, primeiro volume da triloxía As crónicas de Landereina, publicado por Galaxia, e o outro a cargo de Manuel Lourenzo González sobre o libro Flor de Area, publicado por Xerais.
O alumnado agasallou aos autores con senllos traballos nos que ilustraron cada un dos libros e expresaron a súa opinión persoal. 
Visitaron a feira durante unha hora e puideron ver toda a produción audiovisual, literaria, gráfica, musical, etc, que se está a realizar en Galicia e en galego.



Culturgal 2013 from luz jares on Vimeo.


23/11/13

Abrígate coa Lingua